Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1273
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Menoloxio do mes de xullo
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro
Elementos sustentados: Ouro Dourado
Témpera [Cores: verde, vermello, branco, azul escuro, azul claro e roxo]
Verniz
Estuco
Técnica Pintura a man alzada
Dourado
Pintura á témpera
Estucado
Vernizado
Dimensiones Icona: Profundidade = 2,70 cm; Altura = 30,30 cm; Anchura = 25,30 cm
Descripción Icona rectangular cunha orla ao redor de motivos xeométricos incisos na preparación, e en cores dourada, azul claro, vermello, verdes claro e máis escuro, e branca.
A icona divídese en catro niveis. No nivel superior hai en primeiro lugar dous santos. A continuación, dúas personaxes de tamaño máis pequeno, con gorros brancos, ante unha mesa cun mantel branco e dentro dunha arquitectura con dúas fiestras, unha gran cúpula e unha cúpula máis pequena bulbosa. A continuación, nove santos. No segundo nivel hai doce santos e tres santas, unha delas coroada, e un neno no lado dereito. No seguinte nivel hai tres escenas seguidas nas que aparece un rei sentado no trono e diante del un santo bispo e un monxe. Na escena seguinte volve aparecer o rei no seu trono cun santo bispo e cun monxe, pero diante hai un sartego cunha muller morta. De seguido, o rei no seu trono, un santo vestido de bispo e dous monxes. Na seguinte, o rei no seu trono, un santo vestido de bispo e un home novo con túnica vermella. Na última escena deste nivel hai dous santos e unha santa. No derradeiro nivel temos quince santos e dúas santas.
Iconografia Icona: Menoloxio
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, na parte superior e enriba de cada santo ou escena, Pintado a man alzada
(1800[ca]-1850[ca])
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Rusia (Europa Central e Oriental, Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Lugar de Procedencia Estonia
Lugar Específico/Yacimiento Tallin
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, ( do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, ( do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona sexa doméstica. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6